O equipo vilagarcián anima os seareiros a contribuír hoxe na Lomba á campaña dun donativo por un plátano a prol dos veciños de La Palma
07 nov 2021 . Actualizado a las 05:00 h.Ao Arousa tócalle hoxe pechar a décima xornada do Grupo 1 da Segunda División R.F.E.F. A partir das 19 horas, no terreo de xogo da Lomba, os homes de Jorge Otero reciben a U.P. Langreo, sétimo clasificado con 13 puntos, tan só 2 máis dos que dispón o cadro vilagarcián na decimoterceira praza da táboa.
Situado por primeira vez na tempada en zona de perigo, nun posto que pode mandar ao seu ocupante ao termo da Liga a unha promoción de permanencia na categoría, o Arousa xógase hoxe os 3 puntos da calma, logo de non dar sumado máis de 5 dos últimos 21 disputados.
O adestrador arlequinado, Jorge Otero, negaba antes do encontro a existencia de ansiedade neste sentido no vestiario da Lomba. Pero recoñecíao: «Sí es cierto que necesitamos sumar. El objetivo esta semana es volver a sumar de 3. El equipo sigue ilusionado, pero necesita ganar».
Sobre o Langreo, Otero fala dun rival que «no va a conceder mucho, que juega muy fácil, con jugadores veteranos y también veloces por fuera, que no cometen muchos errores». Con esta radiografía, o plan de partido está claro para o técnico local: «Tenemos que ser contundentes, incisivos, pero sobre todo, no equivocarnos. El Langreo es un equipo que no tiene prisa. Tenemos que salir con ritmo e intentar ganar desde el principio, pero con cabeza, sin ansiedad». Otero recupera a Campillo e Alberto para o choque.
Iniciativa a prol de La Palma
Noutra orde de cousas, xogadores e técnicos do Arousa fotografáronse onte comendo plátano para animar os seareiros que hoxe acudan á Lomba a que colaboren cun donativo para os veciños de La Palma afectados pola erupción volcánica a cambio dun dos 1.200 plátanos cedidos con tal fin pola firma TC Fruits.