Esgotadas as entradas para dúas das sesións de «Somos Criminais»

La Voz VALGA / LA VOZ

AROUSA

MONICA IRAGO

Carlos Blanco e Touriñán estarán esta fin de semana en Vilagarcía

04 feb 2022 . Actualizado a las 10:38 h.

O Auditorio Municipal de Vilagarcía acolle esta fin de semana catro sesións de Somos Criminais 3, o espectáculo humorístico que protagonizan Xosé Antonio Touriñán e Carlos Blanco. Como era de esperar, colgouse xa o cartel de «completo» para as sesións do venres e o sábado ás oito da tarde. Os interesados en asistir aínda poden comprar billetes para as funcións das once da noite a través de ataquilla.com (anticipada con gastos de xestión) aos prezos de 12, 15 e 18 euros. Dende a plataforma informan de que se devolverá o importe das entradas ás persoas que se vexan afectadas por covid e o comuniquen con 48 horas de antelación á función. Estas localidades volverían a poñerse á venda na web e, de non esgotarse antes, o mesmo día da representación na billeteira do Auditorio.

Somos Criminais 3 e a secuela do espectáculo que máis entradas vendeu na historia en Galicia. Desta volta, Carlos Blanco e Xosé Touriñán, analizan Galicia e os seus habitantes para saber como somos e para saber por que somos como somos.

Un espectáculo completamente novo, que conta outra vez coa dirección de Tito Asorey e os textos de José L. Prieto, Carlos Blanco e Xosé Antonio Touriñán.