
A obra «O porco de pé» abrirá o programa de actividades o día 7
01 may 2022 . Actualizado a las 05:00 h.Vai ser este un mes de intensa actividade cultural na Illa co gallo da celebración do Día das Letras Galegas. A programación deseñada polo Concello ábrese o sábado 7 coa obra de teatro O porco de pé, ás 21 horas a cargo de P. C. Excéntricas. O día 12, ás 20 horas, terá lugar a presentación do libro na súa edición en galego Papel de Estraza, na biblioteca municipal, con Juan Otero e Fernando Salgado. O día 17, ás 11 horas, a cita está no porto do Xufre, onde a literatura, a música e a cultura marítima fúndense na festa da asociación cultural Dorna, «As letras no mar».
O 19 de maio, Juan Otero e Salgado volverán atoparse na biblioteca ás 20 horas para presentar outro libro, 100 anos de salitre nas mans, que trata do centenario da confraría.
O día 26, ás 20 horas, a biblioteca acolle o espectáculo O cantar das conserveiras-Xurxo Souto, 20 anos de literatura.
O día 28, ás 21 horas, o grupo Quilma dará un concerto no auditorio e o 31 de maio a literatura volverá a ser a protagonista coa presentación do libro Unha mente que voa-unha mirada á evolución da linguaxe, da man do autor, Xurxo Souto.