O Mareantes supera aos Ingleses na primeira final do Santa Rita de Rugbi 7
AROUSA
![](https://img.lavdg.com/sc/-9o-m_dnxjLa1dUnt9N7668KU6c=/480x/2022/05/28/00121653761041609262778/Foto/AY29C8F2_2029.jpg)
O club vilagarcián pretende facer crecer o torneo a vindeira temporada, con máis categorías e algún equipo portugués
29 may 2022 . Actualizado a las 05:00 h.Oito equipos de seis clubs e arredor dun cento de deportistas repartidos entre os campos de xogo do Manuel Jiménez e do estadio de atletismo de Fontecarmoa. Organizado polo club local, Os Ingleses RC, a primeira edición do Torneo Santa Rita de Rugbi 7 para a categoría sub 14 resultou todo un éxito na mañá de onte. Cos rapaces superando coas súas ganas de xogar a calor abafante que facía.
Logo de dúas decenas de partidos, o Mareantes levouse o gato á auga, superando cun ensaio xa co tempo cumprido o anfitrión, Os Ingleses, por 19-22, nun duelo onde o subcampión da Liga Galega se impuxo ó vencedor da Copa Xunta sub 14.
Desde Os Ingleses adiantaron a súa intención de facer medrar a vindeira temporada o primeiro torneo de rugbi 7 oficial de Galicia. A idea pasa por ampliar o ano que vén o campionato ás categorías sub 16 e sub 18 e tentar a participación dalgún equipo portugués.