O programa da TVG «Atrápame se podes» desenvolve hoxe o seu cásting en Vilagarcía

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

As probas levanse a cabo á mañá, de once a dúas, e de catro a seis da tarde

29 jul 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

É un dos concursos estrela do momento da TVG. O equipo de Atrápame se podes trasladase hoxe á praza de Galicia de Vilagarcía de Arousa para desenvolver o seu cásting. Máis de cen mil persoas seguen o espazo cada noite, sen que a chegada do verán sexa un obstáculo.

A escolla de participantes lévase a cabo en dúas quendas, de mañá, entre as once e as dúas, e de catro a seis da tarde. As únicas condicións que deben reunir os candidatos son achegarse pola praza de Galicia nas horas nas que se realiza o cásting e seren maiores de idade. Con iso e con todo, quen teña verdadeiro interese en participar e non poida estar hoxe en Vilagarcía, pode enviar un vídeo de presentación cun máximo de tres minutos de duración e os seus datos de contacto, incluíndo o nome completo, teléfono, idade, lugar de nacemento e ocupación, por WhatsApp ao número 629 613 376 ou ao correo electrónico atrapamesepodes@crtvg.gal.

O programa que conduce Paco Lodeiro leva repartido entre os seus concursantes máis de 75.000 euros. O domingo comezará, ademais, unha nova semana de emisións cun bote acumulado que suma xa 46.000 euros. Outra boa razón.