
20 sep 2022 . Actualizado a las 05:00 h.
O Arzobispo da Diócese de Santiago de Compostela, Julián Barrio, compartiu unha xornada de oración e de convivencia coa a comunidade parroquial de San Cipriano de Vilanova de Arousa e co seu sacerdote, Manuel Folgar. O motivo ben o merecía, con Julián Barrio participando da celebración do 65 aniversario da construción da igrexa parroquial, que mereceu os parabéns do Concello de Vilanova aos seus parroquianos.