O público pode reencontrarse na capital arousá co legado dun dos grandes da pintura galega: Laxeiro

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Mónica Irago

A mostra inaugurouse onte no Auditorio de Vilagarcía de Arousa

17 ene 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Naceu en Lalín, en 1908 como Xosé Otero Abeledo, e finou en Vigo en 1996 coñecido polo sobrenome co que acadou celebridade e un aplauso unánime: Laxeiro, unha figura nuclear no desenvolvemento da pintura e as artes plásticas en Galicia ao longo do século XX. Unha parte do seu legado fica agora a disposición do público de Vilagarcía grazas á mostra Acción Laxeiro, que pode ollarse na sala de exposicións do auditorio. 

A mostra foi inaugurada onte polo alcalde da cidade, Alberto Varela, que estivo acompañado polo conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, a concelleira de Cultura, Sonia Outón, o director xeral de Cultural, Anxo M. Lorenzo, e o presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, Manuel Quintana, que organiza esta acción.

Ademais de retratos que o pintor lalinense elaborou de persoeiros do seu tempo como Uxío Novoneyra ou Jorge Castillo, Acción Laxeiro inclúe imaxes da elaboración en directo dunha das súas obras.