A conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou onte o centro ocupacional
31 ene 2023 . Actualizado a las 05:00 h.A conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou onte o centro ocupacional para persoas con discapacidade (CODI) de Baño, acompañada polo alcalde, José María Bello Maneiro e outros representantes da corporación. A Xunta de Galicia destina anualmente 150.000 euros a financiar o funcionamento destas instalacións, nas que os usuarios realizan actividades para o desenvolvemento das habilidades instrumentais e mellora da súa autonomía. Tamén se levan a cabo actividades ocupacionais coma obradoiros de reciclaxe de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos, barro e cerámica, pintura e musicoterapia. A isto engádese un programa de ocio e tempo libre que fomenta a actividade social dos usuarios e o desenvolvemento das súas destrezas persoais para que poidan realizar unha vida o máis autónoma posible. A conselleira de Política Social referiuse ao CODI coma «un centro de referencia na comarca» e felicitouse ao comprobar como «o traballo que realiza o goberno local revirte no benestar dos veciños». Neste sentido, recordou que a finais de febrerio desplazarase a Valga unha unidade de Coidados porta a porta que ofrecerá servizos gratuítos de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria.