Xoel Otero debuta cun sexto posto no heptatlón dun Campionato de España

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Cedida

Lucía Sánchez asinou unha actuación máis discreta na cita nacional sub 20 de pista cuberta en Sabadell. O tamén deportista da Agrupación Atlética Mazí Álex César fíxose coa prata en xavelina no Campionato Galego de Lanzamentos Longos

07 mar 2023 . Actualizado a las 20:07 h.

Unha lesión e o seu necesario tempo de recuperación e correcta posta a punto levou o corpo técnico da Agrupación Atlética Mazí a derivar esta temporada a Xoel Otero desde o triplo salto ao programa de probas combinadas no tartán. E o cambio non lle sentou nada mal a quen é ata hoxe o mellor atleta masculino na historia dun club con pouco máis de dez anos de vida. A pasada fin de semana, en Sabadell, Otero completou a súa estrea no heptatlón dun Campionato de España Sub 20, neste caso o de pista cuberta, con 4.465 puntos que lle valeron un sobresaínte sexto posto.

Para enfocar o valor do conseguido por Xoel, desde o corpo técnico que Verónica Cores dirixe na Mazí salientan que «posiblemente este haya sido el campeonato de heptatlón sub 20 con más nivel de la historia, ya que los tres primeros han superado los 5.000 puntos».

Con Otero viaxou a súa compañeira de equipo Lucía Sánchez, que rematou decimosexta nos 200 metros, facendo un papel inda máis discreto na proba dos 60.

O sábado, no Campionato Galego de Lanzamentos Longos Sub 16, Álex César fíxose coa prata na modalidade de xavelina.