A Gala do Deporte de Cambados premia a excelencia local

p.p. vázquez VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

CEDIDA

O Concello entrega catorce recoñecementos e tres mencións especiais

18 mar 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Con entrada gratuíta ata completar o aforo, non parece difícil imaxinar un cheo total esta tarde no Auditorio da Xuventude. A partir das oito, e durante hora e media, polo seu escenario desfilarán os nominados aos catorce premios da terceira edición da Gala do Deporte de Cambados. Unha cita que retoma a súa inda curta historia tras a interrupción no 2021 e no 2022 pola pandemia, e que mantén o espírito co que naceu o evento, o de «homenaxear a quenes tantos éxitos nos están dando» e quenes tanto fan polo deporte local, sinalaba o martes o concelleiro do ramo, Fernando Patricio, na presentación do acto.

Presentado por Galván Duarte, e coa actuación de Velvet Crab a modo de animación, na cita desvelaránse os nomes dos gañadores das categorías entre os nominados en cada unha delas por un xurado formado por xornalistas dos catro medios de comunicación que seguen a actualidade diaria do deporte arousán.

Os nominados aos diferentes premios son: Amadeo Abal Chaves (Playas de Castellón), Pablo López (Team PGZ) e Ángel Sánchez Rebollido (Mortágua), a mellor deportista masculino; Celia Castro Padín (Agrupación Atlética Mazí), Ángela Oubiña Outeda (XAV) e Carlota Ribadomar Rodiño (Xuven Cambados), a mellor deportista feminina; Brais Feijóo Cacabelos (Innae), Hugo Cordal (Clube Atletismo Cambados) e Alexandre Oubiña (Club Juventud Cambados), a mellor deportista promesa masculino; Uxía Rodríguez Fernández (Escola Ximnasia Burgas), Sofía Parada Piñeiro (Club Piragüismo Cambados) e Daniel Bayón (Club Atletismo Cambados), a mellor deportista promesa feminina; Benito Iglesias e Ramón Padín (Cambados Tenis de Mesa) e Santiago Falcón (C. Atletismo Cambados), a mellor deportista veterano; Lupe Vilar (C. Atletismo Cambados), Araceli Bugallo (Compostela Esgrima) e Rosi Serantes (Judo Club Senín), a mellor deportista veterana; Joaquín Rodiño (C. Atletismo Cambados), Manuel Serén (Xuventude) e Blas Charlín, a mellor adestrador; Noelia Gómez Fabello (Innae), Mariel Oubiña Vázquez (XAV) e Araceli Bugallo (Asociación Vilagarcía Esgrima), a mellor adestradora; Cambados TM Veteranos, Promesas feminino CJ Cambados e Albariño Veteranos, a mellor equipo dunha entidade; CT Innae, C. Atletismo Cambados e XAV aspiran os tres aos premios a mellor club e mellor escola deportiva. Haberá tamén galardóns ao mellor patrocinio e colaborador co deporte, á traxectoria deportiva e ao mellor evento do ano.

A maiores, o goberno local de Cambados entregará tres mencións especiais a outros tantos ex presidentes do CJ Cambados: Jesús González Crespo, José Prado Acha, Xepe, e Benito González Sanisidro, Millán.