El gobierno local recrimina a la Xunta que no rehabilite la capilla de Cortegada
AROUSA
Critican la visita que la conselleira de Medio Ambiente realizó esta semana al entorno de la isla
31 mar 2023 . Actualizado a las 05:00 h.«Dende o goberno local de Vilagarcía non podemos deixar pasar por alto a fotografía que a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, veu a sacarse esta semana a Vilagarcía co inigualable fondo da illa de Cortegada. Lamentamos profundamente que os responsables da Xunta de Galicia só se acorden de Cortegada para darse un paseíño en barco e sacar unhas fotos ante os medios de comunicación, en lugar de preocuparse por coidar e realizar melloras nunha illa que, a maiores de estar integrada no Parque Nacional das Illas Atlánticas, conta cunha historia e un patrimonio que a administración autonómica debería poñer en valor en lugar de deixar que sega a perderse. Do mesmo xeito, seguimos esperando a que a Xunta poña en funcionamento o albergue de peregrinos construído polo Concello con fondos do Plan Concellos da Deputación», afirma el gobierno local de Vilagarcía, que pide a la Xunta que haga las obras, con un presupuesto de 464.258 euros y le exige que ponga en marcha de una vez por todas el albergue de Carril «e cumpra o compromiso adquirido de incorporar as instalacións á Rede Albergues do Camiño de Santiago», apunta el gobierno local vilagarciano.