A Asociación Arousa en Transición leva tempo traballando nun plan piloto de comunidade enerxética na Illa co que busca instaurar sistemas para o uso de enerxías limpas no municipio. A comunidade está integrada por 72 persoas e entidades tan importantes como a confraría, a OPP20, agrupacións de mexilloeiros e o propio Concello. O proxecto púxose en marcha cunha subvención concedida Instituto de Diversificación e Aforro de Enerxía (IDAE), pero a partir de aí non foron poucos os atrancos que tivo que sortear a asociación para poder instalar os paneis solares, que finalmente están unha nave situada en Testos.
«Coas instalacións finalizadas agora estamos cos trámites administrativos para xustificar ante o IDAE a subvención e dar de alta tanto os paneis de uso compartido como o primeiro punto de carga de coches eléctricos do municipio ao carón do Concello». señalan.
Chega a este punto, desde a asociación apelan ao apoio institucional para seguir adiante co proxecto da comunidade enerxética mediante a posta en marcha dun punto de atención cidadá para asesorar aos veciños sobre o terreo e promover novas iniciativas. «Parécenos vital a creación dunha Oficina de Atención Comunitaria xa que este tipo de proxectos, dada a súa complexidade, non poden sustentarse única e exclusivamente do traballo voluntario das persoas asociadas», segundo indica a presidenta da asociación, Ana Millán.