A Mesa pola Normalización Lingüística manifestouse na ponte da illa grovense
29 sep 2023 . Actualizado a las 05:00 h.A Mesa pola Normalización Lingüística manifestouse na entrada da ponte de A Toxa en defensa da toponimia oficial da illa, aproveitando a celebración do Foro La Toja e a presenza do rei Felipe VI. Na zona concentráronse arredor de vinte persoas para defender a lingua, unha protesta na que había numerosa presenza policial.