O Asmubal encara sen media columna vertebral o seu duelo co pechacancelas

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Recibe o Cañiza sen Eli Méndez, Cárol Ferreira nin Agustina Ballada e coa dúbida de Andrea Cores

28 oct 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Dun partido chamado a agardar unha vitoria practicamente segura a un choque no que elevar todas as alertas un punto por riba do sempre conveniente. O Inelsa Solar Asmubal Meaño recibe esta tarde en Coirón (20 horas) o pechacancelas do Grupo 1 da División de Honra Prata Feminina, un Oliveira & Faro Seaplast Cañiza que non sabe inda o que é puntuar tras cinco xornadas. 

O problema para o adestrador local, Juan Costas, é a ausencia da metade da columna vertebral do equipo. A central Eli Méndez e a única pivote do Asmubal, Cárol Ferreira, son baixa tras lesionarse no anterior encontro. A primeira, pendente do resultado da resonancia magnética que se practicou o xoves no xeonllo dereito logo de que se lle quedara cravado nunha xogada, con pinta de problema grave na articulación.

Cárol Ferreira sofre unha escordadura no nocello esquerdo e a súa posible substituta no pivote, a lateral Agustina Ballada, vén de recibir dous partidos de sanción por entender as colexiadas do último encontro que o insulto que lle dirixiu a unha rival ía destinado á parella arbitral.

E para completar o parte, Andrea Cores era onte dúbida por un pinchazo nun aductor que lle impediu adestrar esta semana.