O pase hoxe de «The Well», de Federico Zampaglione e con Claudia Gerini, un dos momentos cumio do Curtas 2023

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Martina Miser

Antes proxectaráse Abruptio Abruptio, singular película de terror rodada con monicreques a tamaño real

31 oct 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Estreouse a comezos de mes no Festival de Cine de Sitges, proxectouse de seguido no Teatro Chinés de Hollywood na programación do Screamfest de Los Ángeles e tras o seu paso polo Trieste Sciencie+Fiction Festival, hoxe o público do Curtas Festival do Imaxinario de Vilagarcía de Arousa ten a oportunidade de ver, gratis, The Well no Salón García (21.30 horas). 

O filme do singular realizador italiano Federico Zampaglione, que ademais de director de cinema é un afamado cantante de pop-rock, conta a historia dunha restauradora de arte que viaxa a un remoto pobo italiano para devolverlle a unha pintura medieval o seu antigo esplendor, converténdose en vítima dun malvado culto de bruxas inmortais que se alimentan de sangue humano. No reparto figura Claudia Gerini, intérprete de María Magdalena en A paixón de Cristo dirixida por Mel Gibson e nalgunha das entregas da saga John Wick que protagoniza Keanu Reeves. 

Antes, ás 16 horas, pasaráse Abruptio, película de terror singular, rodada con monicreques a tamaño real.