Novo premio para a curtametraxe «50 é unha vida» do IES Ramón Cabanillas

La Voz CAMBADOS / LA VOZ

AROUSA

Martina Miser

Gañou o Premio do Público na Mostra Internacional de Cinema Educativo (MICE) de Valencia

08 nov 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

O IES Ramón Cabanillas de Cambados gañou o Premio do Público na Mostra Internacional de Cinema Educativo (MICE) de Valencia coa curta 50 é unha vida, que tivo máis de 8.800 visualizacións. Esta curtametraxe foi gravada integramente en Cambados, dura 15 minutos e pode verse en Youtube. Conta a vida de José Castro, mestre xubilado que a través de diversas lembranzas recorda a figura da súa muller e como se coñeceron de cativos nas inmediacións do pazo de Fefiñáns. A personaxe é interpretada polo mestre xubilado Manuel Núñez, quen deu aulas a diversas xeracións de cambadeses, e por representantes de toda a comunidade educativa, desde persoal de limpeza á directora do centro, pasando por familias e descendentes do propio Cabanillas.

50 é unha vida foi un proxecto que se englobou dentro do 50 aniversario do Cabanillas, xunto co documental tamén galardoado a nivel A memoria das aulas, a xa fora finalista no certame Ollloboi.