O Asmubal segue en caída libre: 33-20 a mans da SAR Rodavigo

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MONICA IRAGO

Juan Costas perde a Kathiely Martins por unha escordadura no nocello dereito

14 ene 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

O Inelsa Solar Asmubal Meaño arrincou o 2024 como despediu o 2023: perdendo, desta volta 33-20 coa SAR Rodavigo, e facéndoo ademais cunha preocupante imaxe. No pavillón redondelán de La Bombonera, as pupilas de Juan Manuel Costas volveron ofrecer o rostro dun equipo menor que non consegue repoñerse do impacto psicolóxico da perda de dous puntais como a central Eli Méndez e a lateral Sofía Arangio, nin tampouco reordenarse para minimizar as súas debilidades sen ambas as dúas e atopar outras vías desde as que volver ser competitivas.

Un cuarto de partido aguantou o Asmubal (7-7, min 15), que ao descanso vía no electrónico un preocupante 17-11, estirado a un 20-13 tan só cinco minutos despois da reanudación. Un castigo convertido en tortura ao perder nese treito do encontro a Kathiely Martins por unha escordadura no nocello dereito

FICHA DO PARTIDO:

SAR RODAVIGO (33): Susana Peña, María Pexegueiro (1), Lucía Pérez (6), Ainhara Silva (1), Ángela Oliveira (3), Adriana Ayude, Sandra Fernández (9), Alba Pérez (1), Cecilia Rodríguez, Goretti Miguel (2), Uxía Alfaya (2), Ángela Vilaboa (5), Ithaisa Trigo (1), Ainoa Crespo (2) e Julia González.

INELSA SOLAR ASMUBAL MEAÑO (20): Lorena Ligero, Raquel Sineiro, Agustina Ballada (2), Sabela Miniño (4), Cárol Ferreira (2), María Currás, Lucía Caneda, Andrea Cores, Sabela García, Laura Miniño (5), Paula Rey, Victoria Domínguez (1), Dolores Pulti e Kathiely Martins (6). 

MARCADOR CADA CINCO MINUTOS: 3-1, 5-4, 7-7, 11-8, 13-10, 17-11 (descanso); 20-13, 23-14, 25-16, 29-17, 30-19 e 33-20.

ÁRBITROS E EXCLUSIÓNS: Pablo Manuel Barreiro e Christian García. Castigaron con 2 minutos a xogadora local María Pexegueiro (min 6.56) e as visitantes Kathiely Martins (min 16.12), Laura Miniño (min 25.38) e Sabela Miniño (min 25.49).