A praza Doutor Carús estará pechada ao tráfico ata mañá venres polas obras de mellora

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MONICA IRAGO

A previsión é que recupere a normalidade e volva a estar operativa de cara a fin de semana e á celebración do mercado ambulante do sábado

25 ene 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

A mellora do firma da praza do Doutor Carús entra na súa fase final esta semana. Co obxecto de rematar os traballos posteriores á pavimentación executada a semana pasada, o espazo permanecerá pechado ata mañá venres. En consecuencia, os vehículos non poderán estacionar na praza nin circular a través dela cara Alexandre Bóveda.

Despois de que a tregua nas chuvias permitise asfaltar a praza a finais da semana pasada, a empresa Marconsa dedicará os próximos días a rematar a obra. O martes comezaron a levantar as tapas das arquetas dos distintos servizos públicos para deixalas a nivel do firme. Concluída esta operación procederase ao pintado da sinalización horizontal, para o cal é preciso que se manteña o tempo seco. A previsión é que a actuación estea completamente rematada, como moi tarde, o venres, de modo que a praza recupere a normalidade e volva a estar operativa de cara a fin de semana e á celebración do mercado ambulante do sábado.

As obras en Doutor Carús están incluídas nun paquete de medias no que tamén se rexistraron traballos similares na praciña situada tras o centro social do Ramal e na rúa Concepción Arenal. O Concello inviste nestas tres actuacións 69.400 euros que se financian cos remanentes dos orzamentos de 2022.