A dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado informa de que se abre o prazo para inscribirse na terceira edición de Primavera Xove, un programa que ofrece actividades formativas e de lecer para a mocidade galega durante a Semana Santa e distintas fins de semana nos meses de marzo e abril en instalacións da Xunta de Galicia.
Anunciouno a directora xeral, Cristina Pichel, co gallo da visita que realizou onte ao albergue das Sinas coincidindo cun intercambio xuvenil de carácter internacional organizado pola asociaciónArousa Moza neste lugar.
Precisamente, esta instalación é un dos espazos nos que se desenvolverá Primavera Xove, xunto cos albergues xuvenís Mariña Española (Begondo e Sada), Lug II (Lugo), Area (Viveiro), A Devesa (Ribadeo) e Pontemaril (Forcarei). O programa está dirixido a mozos de 18 a 30 anos, ofértanse 580 prazas en 29 quendas nos seis programas que conforman esta proposta que comezará a partir do 8 de marzo.