Fillas de Cassandra encabezan o cartel da oitava edición do Festivala: Mulleres Creando

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MONICA IRAGO

O 8 de xuño celebrarase a oitava edición deste certame

09 may 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

O 8 de xuño celebrarase a oitava edición deste certame que reúne música, literatura e máis tipos de arte na praza da II República e que se constrúe cada ano arredor dunha temática. Este 2024 versará sobre a comedia. A figura homenaxeada é Henar Álvarez, comunicadora en varios pódcast e autora da novela Ansia, que presentará ese mesmo sábado.

As propostas musicais da oitava edición de Festivala: Mulleres Creando son todas galegas. Fillas de Cassandra, o dúo do momento, repetirá por segunda vez na Praza da Segunda República; Zeltia Irevire será unha das invitadas más especiais; Argallo, un grupo de pandereteiras da Coruña, abrirá o evento con música tradicional; a brass band Brassica Rapa volve por segunda vez para presentar a súa nova proposta en escenario; e pechará o evento a vilagarciá Señora DJ coa música electrónica más actual.

Festivala: Mulleres Creando inaugúrase o 1 de xuño co obradoiro A risa, unha ferramenta revolucionaria, impartido pola terapeuta Baia Fernández. Terá lugar no Auditorio de Vilagarcía de Arousa e creará un espazo no que «explorarnos e expandirnos a través do gran poder da risa das mulleres». Será necesario inscribirse previamente a través do correo electrónico festivalamullerescreando@gmail.com. Esta oitava edición conta co patrocinio do Concello de Vilagarcía e, por primeira vez, a Deputación de Pontevedra desmarcouse do seu apoio.