![](https://img.lavdg.com/sc/-AG8je4t9VAdkfeORcW7rrJpwCo=/480x/2024/05/25/00121716672841629600193/Foto/A_20240525_131559003.jpg)
O Torneo Santa Rita de Vilagarcía de Arousa converteuse nunha desas convivencias entre rapaces que fan tan necesaria a práctica deportiva
26 may 2024 . Actualizado a las 05:00 h.O campo do estadio de atletismo de Fontecarmoa e o Manuel Jiménez de Vilagarcía viviron onte máis ca un torneo, o de Santa Rita, unha desas convivencias que fan tan necesaria a práctica deportiva. Máis de 300 rapaces de 20 equipos sub 12 e sub 14 ibéricos e irlandeses gozaron competindo ante centos dos seus pais. Os Ingleses venceu o Cerca-te luso na final sub 14 e o Instonians irlandés ao club local na sub 12.