O Sergas mellora a comodidade do hospital de día oncohematolóxico do Salnés
AROUSA
As obras buscan promover a comodidade emocional dos pacientes
21 jul 2024 . Actualizado a las 05:00 h.Reducir o estrés e promover a comodidade emocional dos pacientes. Este é o obxectivo co que o Sergas vén de completar unha serie de intervencións nas instalacións do hospital de día oncohematolóxico do Hospital do Salnés. Pequenas obras de humanización coas que, sinalan desde a Consellería de Sanidade, se procura mellorar a atención aos pacientes con espazos adaptados e cun maior grao de comodidade para que os tempos dos seus tratamentos sexan máis agradables e nunha contorna máis amable.
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez, visitou esta semana o hospital oncohematolóxico do Salnés. Cunha superficie de 250 metros cadrados e capacidade para dez pacientes, o servizo funciona de luns a venres en horario de mañá. Aberto en xaneiro do 2020, facilítalles aos pacientes a oportunidade de regresar aos seus fogares durante os seus tratamentos e manter o contacto cos seus seres queridos.