Historias de xigantes e cabezudos en Carril

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Mónica Irago

As entrañables figuras xa bailan nas festas do Apóstolo, coa incorporación do Crego e a Bígara

24 jul 2024 . Actualizado a las 21:21 h.

Hai algo sempre especial nas figuras dos xigantes e cabezudos. Grandes seres que caricaturizan personaxes entrañables coma o Ananiño das Uvas, un dos membros máis recoñecidos deste particular grupo de bonecos a tamaño máis que real que cada verán bailan para nenos e grandes nas rúas de Carril. Este mércores, na véspera de Santiago Apóstolo, os xigantes e os cabezudos saíron danzar nunha mañá espectacular de sol e calor. Con dúas novidades nas súas ringleiras, o Crego que domina imaxe, e Bígara, a imaxe inspirada na meniña Aroa, unha verdadeira aposta pola diversidade, ambas creadas por Juan Carlos Platis