Máis de 1.200 prazas de aparcamento para a Festa do Albariño en Cambados

rAQUEL COCAÑO / S. G. CAMBADOS / LA VOZ

AROUSA

cedida

O Concello consigue tres novas parcelas, habilitadas con QR para a súa localización

26 jul 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

A nova edición da Festa do Albariño de Cambados, a maiores de ofrecer unha carteleira de artistas influentes no panorama musical, trae consigo novidades para convocar a maior cantidade de xente posible. José Ramón Abal Varela, concelleiro da Área de Urbanismo, Obras e Enoturismo, e voceiro de Cambados Pode, anunciou onte a ampliación dos aparcamentos para os coches no municipio con motivo da celebración das festas. Este ano son tres as novas parcelas habilitadas para deixar os vehículos a partir do 31 de xullo. Dúas delas están dispostas no camiño de San Roque, que une o colexio de Santo Tomé coa rúa; a terceira atópase na Rúa do Castro, nas proximidades das ruínas de Santa Mariña. 400 e 250 coches, respectivamente, que se poderán estacionar nestas tres novas localizacións. Máis de 1.200 prazas de aparcamento que suman entre as xa habituais para deixar os vehículos.

Pero a innovación dos estacionamentos non veu soa; a novidade esencial deste ano é a habilitación de códigos QR para poder establecer unha ruta directa no navegador instalado no coche. O concelleiro insistía onte nos agradecementos á veciñanza que cedeu as fincas para poder acondicionalas e aos particulares que traballaron as súas parcelas para os aparcamentos durante os días que dure o Albariño. Finalmente, explicou que a labor do Concello neste caso é a de cesión de ditos espazos a algunha asociación, equipo de fútbol ou de baloncesto, de forma que os xestionen e poidan acadar, así, una axuda económica importante.

A innovación tecnolóxica semella firmemente instalada no Albariño, pois na páxina web creada para as festas quen queira pode consultar unha conta atrás para o inicio das mesmas, a maiores das datas dos concertos que encherán de música o municipio a partir do mércores que vén.