Jéssica Bouzas cumpre os 22 cun novo mellor rexistro mundial e a un día da súa estrea no WTA 1.000 de China
VILAGARCÍA / LA VOZ
AROUSA
A vilagarciá mediráse na primeira rolda do cadro principal de Pekín á estadounidense Payton Stearns
24 sep 2024 . Actualizado a las 17:15 h.Jéssica Bouzas Maneiro cumpre hoxe 22 anos. Faino lucindo o mellor ránking da súa inda curta traxectoria no circuíto profesional do tenis feminino, escalando o luns da semana pasada do número 60 ao 57. Unha dobre circunstancia que estreará mañá nas pistas duras do China Open, o seu quinto torneo WTA 1.000 da temporada.
O sorteo deparou o emparellamento da vilagarciá coa estadounidense Peyton Stearns, actual número 46 do mundo e case un ano maior ca Bouzas —o 8 de outubro cumprirá os 23 anos—. A gañadora do duelo enfrontaráse á canadiana Leylah Fernández, da súa mesma idade, número 28 da WTA e exenta na primeira rolda.