O cadro asturiano adiantouse na súa practicamente única ocasión de gol do encontro e Pedro Bouzada salvou un punto no treito final do choque
27 oct 2024 . Actualizado a las 05:00 h.O Arousa sacou onte un punto do seu duelo de División de Honor Juvenil co Real Oviedo no Manuel Jiménez. Un empate que lles soubo a pouco aos pupilos de Perú, que puideron golear o seu rival nunha primeira parte á que se chegou co resultado do inicio do partido e tamén despois de encaixar no minuto 57 case na única acción clara para o conxunto visitante, nun centro lateral mal despexado que lle caeu nos pés a Pablo Menéndez, fusilando a Adrián na área.
Os arlequinados, que na primeira metade xeraran moitísimo perigo á contra, tiveron máis dificultades tras o descanso, co Oviedo subindo a súa liña de presión. Pero tras encaixar, volveron protagonizar varios zarpazos, cun disparo á trabe do Oviedo e dous balóns sacados baixo paus. Pero só Pedro Bouzada, no 84, conseguiu marcar e amarrar un punto.
FICHA DO PARTIDO:
AROUSA (1): Adrián, Iván Varela, Paulo Couso, Úbeda (Jaime, min 81), David Piñeiro (Iker, min 58), Sindo, André Piñeiro, Pedro Bouzada, Beltrán (Jacobo, min 73), Yeray e Raúl (David Sánchez, min 73).
REAL OVIEDO (1): Kiril, Arturo, Adrián del Oso, Enzo (Diego Martínez, min 84), Ángel Conde (Pelayo, min 71), Pedro Álvarez, Pablo Menéndez (Simón, min 88), Illan, Iago Delgado (Raúl Prado, min 71), Saúl e Marcos (Sergio, min 46).
GOLES: 0-1, min 57: Pablo Menéndez. 1-1, min 84: Pedro Bouzada.
ÁRBITRO: Darío César Doménchez. Amonestou o xogador local Sindo e os visitantes Arturo, Pablo Menéndez e Illan.