Carlos Blanco e Touriñán farán a preestrea na Illa de «Somos Criminais e Punto Final»

La Voz A ILLA / LA VOZ

AROUSA

MARTINA MISER

O prezo será de cinco euros e as entradas xa están á venda no Bar O Museo

30 oct 2024 . Actualizado a las 16:23 h.

Mañá xoves (20.30), Carlos Blanco e Xosé Antonio Touriñán farán a preestrea na Illa de «Somos criminais e Punto Final». O prezo será de cinco euros e as entradas xa están á venda no Bar O Museo.

A gran expectación xerada arredor da última función de «Somos criminais», protagonizada por Carlos Blanco e Xosé Antonio Touriñán, levou á compañía a engadir unha cuarta sesión no auditorio de Vilagarcía. A obra, que inicialmente contaba con dúas funcións, xa fora ampliada a tres pola forte demanda, e agora chega a catro, coas entradas practicamente esgotadas. Se todas as funcións completan o aforo, o espectáculo será visto por 3.000 persoas só en Vilagarcía. A programación final queda así: Venres 8 de novembro, ás 20:30 e 23:00 horas (sendo esta última a función extra). Sábado 9 de novembro, ás 18:30 e 21:00 horas. As entradas están á venda en ataquilla.com, con prezos de 18 euros nas zonas A e B, e de 15 euros na zona C, aos que se lles engade os correspondentes gastos de xestión. «Somos criminais e punto (final)» supón a despedida dunha serie xa mítica, onde Blanco e Touriñán enfrontan o final do mundo, encargados de dirixir a nave Arteixo II. A súa misión é salvar unha selección de galegos e galegas que preserven o patrimonio cultural e material do país.