
O Concello tamén está a realizar a transformación da Rúa Escura, no barrio do Sineiro e na zona de Entrehortas
07 nov 2024 . Actualizado a las 05:00 h.O Concello do Grove supervisa esta semana os traballos de acondicionamiento acometidos na rúa Lordelos, na zona de Rons. Alí o executivo está mudando a vella rede de abastecemento, saneamento e pluviais, e contempla unha acción que inclúe a reposición do firme en toda a calzada, na cal hai tempo que non se actuaba. Trátase duns traballos cuxo custe ascende a 80.000 euros e que corren a cargo das arcas municipais, tal e como comentaba onte o rexedor meco, José Cacabelos: «Era unha actuación necesaria, demandada dende hai anos polos veciños, que se queixaban do seu mal estado».
Segundo parece, as obras neste punto continuarán durante as próximas semanas ao tempo que se reforman tamén outros lugares do municipio, como a área recreativa de Terra de Porto, onde os traballos de mellora están bastante avanzados, segundo explican desde o Concello. Alí estase rematando a modernización dunha senda paralela ao parque infantil e finalizando o espazo de sombra prometido, pensado para o descanso de maiores e pequenos nos días de máis calor.
Estas actuacións non son as únicas que ten en marcha o goberno local, que nestes intres tamén realiza transformacións na Rúa Escura, no barrio do Sineiro e na zona de Entrehortas dende hai algunhas semanas.