Cambados acolle unhas unhas xornadas para divulgar a figura de Asorey

La Voz CAMBADOS / LA VOZ

AROUSA

A Calzada acolleu en abril unha exposición co gallo do Ano Asorey
A Calzada acolleu en abril unha exposición co gallo do Ano Asorey Martina Miser

Celebraranse os días 16, 16 e 18 de decembro na Casa da Calzada

10 dic 2024 . Actualizado a las 18:58 h.

A concellería de Cultura de Cambados remata as celebracións do Ano Asorey cunhas xornadas que se celebrarán os días 16, 17 e 18 de decembro na Casa da Calzada e servirán para divulgar a vida e obra do escultor cambadés.

O luns ás 19.30 horas intervirán Xoán Antonio Pillado e Adela Leiro, que falarán da primeira exposición póstuma inspirada na figura de Asorey celebrada na vila. Despois, ás 20.20 horas, Mercedes Espiño falará de Espazos de Francisco Asorey en Compostela.

O martes ás 19.30 horas, Felipe Senén disertará sobre Asorey, esculturas con alma e cerna de tradición e o mércores 18 ás 19.30 será a quenda da historiadora Maribel Iglesias, que dará unha charla baixo o título Francisco Asorey, escultor galego, título que tamén dá nome ao seu libro sobre o artista cambadés.