Nace na comarca unha nova coordinadora de asociacións sen ánimo de lucro

La Voz VILANOVA / LA VOZ

AROUSA

A celebración do I Simposio na Loita da Erradicación do Idadismo será unha das primeiras actividades da coordinadora
A celebración do I Simposio na Loita da Erradicación do Idadismo será unha das primeiras actividades da coordinadora Martina Miser

A iniciativa, na que participan trinta colectivos, está aberta a novas incorporacións

13 dic 2024 . Actualizado a las 14:45 h.

A unión fai a foza e as asociacións sen ánimo de lucro do Salnés decidiron unirse formando unha coordinadora. A decisión tomouse hai uns días logo dunha reunión celebrada en Baión (Vilanova) na que participaron trinta asociacións. «A pretensión é que cada grupo prosiga coa súa actividade habitual pero o que se persegue é optimizar os materiais e recursos entre as asociacións, participar conxuntamente na elaboración de eventos, darse a coñecer entre si para permitir a flutuación de actuacións musicais, folclóricas, teatrais..., propoñer e realizar novos programas sociais e culturais e, finalmente, manter unha relación frutífera entre as entidades da comarca», segundo explican desde O Castro de Baión, unha das asociacións de referencia na comarca e no resto de Galicia.

Convocarase unha segunda reunión para poñer nome as actividades que se van levar a cabo durante o ano 2025, entre as que se incluirá o I Simposio na Loita da Erradicación do Idadismo que a asociación O Castro prevé celebrar a para mediados de xaneiro.

Desde a nova coordinadora invitan a todas aquelas asociacións se ánimo de lucro interesadas en formar parte desta iniciativa a contactar con O Castro a través do teléfono 608 739 003.