Valga organiza obradoiros infantís en favor da conciliación familiar

La Voz VALGA / LA VOZ

AROUSA

Algunha das actividades celebraranse no Codi
Algunha das actividades celebraranse no Codi MARTINA MISER

A primeira actividade terá lugar este venres na biblioteca municipal do auditorio entre as 17.30 e as 19 horas

17 dic 2024 . Actualizado a las 08:56 h.

Os cativos de Valga poderán divertirse durante este Nadal nos obradoiros gratuítos organizados polo Concello co obxectivo de ofrecer ás familias alternativas para a conciliación durante as vacacións escolares.

A primeira actividade terá lugar este venres na biblioteca municipal do auditorio entre as 17.30 e as 19 horas. Trátase dun taller de elaboración de postais de Nadal e está dirixido a nenos a partir 5 de anos. Os menores desta idade tamén poden participar pero estar acompañados dun adulto que os axude.

A biblioteca de Cordeiro promove tamén un segundo obradoiro o día 3 de xaneiro pola tarde para elaborar postais de Reis. Estas actividades non precisan inscrición previa.

Os outros dous talleres celebraranse nas instalacións do centro Codi o venres 27 e o luns 30 de decembro, en horario de mañá. Nun deles os participantes poderán crear xogos e xoguetes con materiais de refugallo e no outro elaborarán instrumentos musicais.

Para estas dúas actividades é precisa inscrición, que pode realizarse online ou presencialmente no rexistro de entrada do Concello, en horario de 8 a 15 horas. O prazo estará aberto ata o día 23 de decembro, segundo informa o Concello.