O Torneo Indoor AF7 completa o seu programa hoxe coa categoría alevín feminina
VILAGARCÍA / LA VOZ
AROUSA
04 ene 2025 . Actualizado a las 05:00 h.
Desde as dez da mañá, no Pavillón Municipal de Ribadumia, media ducia de equipos galegos mídense no terceiro e último cadro da nova edición do Torneo Indoor Arousa Fútbol 7.
Logo da disputa a fin de semana pasada dos cadros benxamín e prebenxamín masculinos, hoxe toca a quenda do alevín de fútbol feminino. SPC San Mateo-EFS Salnés (10 horas), EFF Sonnoia-Cios Vigo FS (10.25) e EFF Rosalía-Victoria CF (10.50) son os partidos que abren a competición. Por diante, cinco xornadas, nos que os seis conxuntos se enfrontarán todos contra todos a fin de rematar sendo os dous que máis puntos sumen. A eles corresponderálle a honra de pelexar polo título nunha final programada para as sete da tarde.