28 ene 2025 . Actualizado a las 05:00 h.
O Club Natación e Salvamento Vilagarcía acudiu o sábado á piscina de Caldas ao Campionato Galego de Salvamento Master. Os nove deportistas do club acadaron o subcampionato por equipos, batendo ademais tres récords autonómicos nos relevos de 4x50 obstáculos masculino e nos combinado e 4x25 remolque femininos.