Ravella aumentará as axuda aos estudantes, ao medrar un 20 % as solicitudes
AROUSA
O Concello ampliou o credito para dar cabida aos 216 alumnos que cumprían as condiciónas para recibir o respaldo económico
01 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.212 estudantes recibirán a axuda municipal de estudo do Concello de Vilagarcía, correspondente ao curso 2023-2024. A partida ascendía a 68.000 euros e esgotouse na súa totalidade debido ao aluvión de solicitudes, 253, un 20 % máis que en anos anteriores. Diante desta situación, a concellería de Educación, que dirixe a edil socialista Paola María, comprometeuse a incrementar a súa contía.
As axudas, compatibles coas do Ministerio de Educación, concedéronse a alumnos universitarios, de ciclos formativos ou da UNED, a razón de 425 euros, os primeiros, e de 225, no segundo caso.
Nun primeiro momento foron concedidas 176 axudas, ata que se esgotaron os fondos, e 36 persoas que cumprían os requisitos ían quedar sen asignación. Por iso, a concellería decidiu ampliar o crédito para acollelas todas, ademais de aumentar a consignación da seguinte xeira, que será publicada en setembro do 2025.
Corenta das solicitudes que se presentaron non puideron ser aceptadas por non cumprir os requisitos. Ben por exceso de renda, ben por estudos non incluídos, falla de documentación ou suspensos.