Revisitando a Seoane en Cambados

La Voz CAMBADOS

AROUSA

MARTINA MISER

O instituto Asorey acolle unha exposición sobre o autor ata o 28 de marzo

27 feb 2025 . Actualizado a las 15:34 h.

O instituto leva o nome dun insigne escultor, Asorey, pero estes días préstalle atención á figura doutro nome propio da arte galega, Luís Seoane. O centro cambadés acolle desde este xove ata o 28 de marzo  unha exposición formada por 44 obras realizadas polo alumnado da ESO onde se revisan as formas gráficas de Seoane.