Pinocho, un soño de circo para toda a familia en Vilagarcía

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

O meirande espectáculo do mundo, integramente en galego, agarda ao público no Ramal

06 abr 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O sorriso e as olladas abraiadas dos pícaros ben merecen o espectáculo que esta fin de semana e a que vén ofrece o Circo de Pinocho dende O Ramal de Vilagarcía. O único circo integramente en galego de cantos percorren a nosa xeografía. Hai coreografías e música propias, malabaristas, trapecistas, pallasos, acrobacias e moitas cancións para facer soñar a grandes e pequenos. Un circo clásico, moi ben feito e mellor resolto. Este domingo, dobre función, ás 12 e ás 17 horas. Logo, o meirande espectáculo do mundo tomará un descanso para regresar o venres, tamén no Ramal, ás portas xa da Semana Santa.