A Xunta renova o seu apoio á Fundación contra o Narcotráfico

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

AROUSA

Diego Calvo e Couceiro Cachaldora asinaron un novo convenio que suporá unha achega de 34.000 euros

06 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A Xunta e a Fundación Galega contra o Narcotráfico iniciaron a súa colaboración no 2015, a fin de implantar fórmulas que optimizasen a xestión dos ben decomisados aos narcotraficantes e delitos relacionados coa súa actividade, financiando liñas de traballo na loita contra o consumo de substancias psicotrópicas. Onte, o conselleiro de Presidencia, Diego Calvo, e o presidente da entidade, Manuel Antonio Couceiro Cachaldora, reforzaron o seu compromiso mutuo coa sinatura dun novo convenio de cooperación.

Grazas a este acordo, a Administración galega aportará 34.000 euros, dous mil máis que no convenio anterior.