
O alumnado loce unha chapa no seu peito para facer constar o seu compromiso coa lingua
15 may 2025 . Actualizado a las 09:41 h.Só quedan un par de días ata unha das conmemoracións máis fermosas do calendario. o Día das Letras Galegas, ao que os centros educativos adoitan dispensar un especial agarimo. Os alumnos de 6.º de Primaria do colexio As Covas, de Meaño, puxeron a chapiña de «Eu falo galego» dentro dunha campaña na que participan outros centros de ensino da comarca: EI A Pastora. CEIP de Portonovo, EIP A Escardia, CEIP de Viñagrande Deiro, CEIP de Conmeniño, CEIP As Bizocas, CEIP Sestelo Baión, CEIP Magariños e CEIP de Nantes.
A proposta consiste en que durante unha semana o alumnado dos centros participantes leve, dentro e fóra da escola, a chapa no seu peito facendo constar que durante todos eses días intentará facer uso da lingua galega nas súas interaccións escolares, sociais e familiares.
«Tódolos días, logo de levantarnos, poñeremos a chapa e seremos conscientes da necesidade de equilibrar a balanza no uso da lingua galega dentro e fóra das escolas», segundo indican desde a organización dunha iniciativa promovida polos equipos de dinamización llngüística dos centros de educación Infantil e Primaria da comarca «en resposta á coñecida e preocupante realidade da diminución do uso da lingua galega por parte das xeracións máis novas».