O «Conachón de ouro» do Festivala foi para As Tanxugueiras

La Voz VILAGARCÍA

AROUSA

Martina Miser

Este galardón premia a labor polo feminismo desde a arte do grupo que actuou onte en Vilagarcía

01 jun 2025 . Actualizado a las 20:20 h.

Música en clave de igualdade. Música galega feita por mulleres que resoou de novo na praza da Segunda República, en Vilagarcía, coa novena edición de Festivala Mulleres Creando. As cantareiras e o seu legado estiveron moi presentes nunha xornada que capitalizaron Tanxugueiras, Caamaño & Ameixeiras, Pandereteiras Bouba, o grupo da asociación Nós de Sobradelo, Señora DJ e Atenea García e Vero Rilo. 

Por segundo ano consecutivo, entregou o «Conachón de ouro» a unha artista que formaba parte do cartel musical. O Soño de Lilith, asociación que organiza o certame, elexiu a As Tanxugueiras. «Co conachón premiamos ás referentes que, no seu día a día, reflicten o pensamento feminista en forma de arte. Hai nenas que grazas a elas cantan en galego, coñecen a importancia do folclore e de que o feminismo ten que chamar a tódalas portas».

O «Conachón de ouro» é unha peza exclusiva creada por Ana Miguéns, deseñadora e creadora de Vilagarcía. 

A organización do Festivala  cualifica de «todo un éxito» a festival celebrado onte na praza da II República. «A pesar de curtar as rúas e contar co parque de Miguel Hernández, o espazo quedou pequeno. Outro ano máis, Festivala enche a vila de cultura galega feminista, non podemos estar máis satisfeitas».