Os nenos de Carril corren pola oenegué Babies Uganda

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

A proba solidaria serviu como anticipo da conmemoración, este venres, do 50 aniversario do colexio Rosalía de Castro

19 jun 2025 . Actualizado a las 13:41 h.

O colexio Rosalía de Castro de Carril atópase inmerso na conmemoración do seu 50 aniversario, que terá lugar este vernes. Una celebración que esta semana tivo, tamén, unha facianda solidaria. Alumnos e profes desenvolveron con moita ilusión a sexta edición da súa Carreira Solidaria, que organizan o equipo promotor de hábitos de vida saludables e o equipo de actividades extraescolares, en colaboración coa Fundación de Deportes do Concello de Vilagarcía.

Este ano, todo o recadado irá destinado á asociación Babies Uganda, unha ONG que traballa para mellorar a vida de nenos e nenas en situación de vulnerabilidade.