Cambados recoñecerá este sábado os seus mellores deportistas do 2024: Estes son os nominados

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Imaxe dun dos momentos da anterior edición da Gala do Deporte
Imaxe dun dos momentos da anterior edición da Gala do Deporte Adrián Baúlde

A Gala do Deporte comezará ás oito da tarde no Auditorio da Xuventude

19 jun 2025 . Actualizado a las 22:05 h.

O Auditorio da Xuventude será este sábado, desde as oito da tarde, a gran casa do deporte cambadés. Promovida polo Concello, a quinta Gala do Deporte servirá para recoñecer aos deportistas, clubs, patrocinadores e demais persoas da localidade que durante o ano 2024 salientaron polos seus resultados ou polo labor feito a prol da práctica e da visibilización do deporte da vila do albariño. Os seguintes son os nomes das categorías e dos nominados en cada unha delas por un xurado integrado por xornalistas especializados dos medios de comunicación do Salnés.

Uxía Rodríguez (ximnasia de trampolín), Sofía Núñez (atletismo e ciclismo) e Sofía Parada (Piragüismo Portonovo) son as candidatas a recoller o galardón a mellor deportista promesa feminina; Alejandro Leiro (Judo Club Senín), Pablo Santamaría (Celta de Vigo) e Manuel Díaz (Xuven), a promesa masculino; Celia Castro (Atletismo Playas de Castellón), Andrea Arosa (Juventud Cambados) e Ana Durán (Xuven), a mellor deportista feminina; Fernando Padín (Cambados Tenis de Mesa), Amadeo Abal (atletismo) e Fran Álvarez (Juventud C.), a mellor deportista masculino; Araceli Bugallo (esgrima), Rosa Estévez e Marta Serantes (Atletismo Cambados), a deportista veterana; Santiago Falcón (Atletismo C.), Eduardo Charlín (Tenis Cambados) e José Benito Rey (Albariño Veteranos), a veterano; Joaquín Rodiño (Atletismo C.), Jesús Trigo (Tenis C.) e Rubén Cornes (Juventud C.), a mellor adestrador; Cecilia Méndez (Xuven), Vanesa Vázquez (Juventud C.) e Aída Martínez (Tenis C.), a adestradora; primeiro equipo do Cambados T.M., sección de running do Atletismo C. e sénior feminino de fútbol 7 do Juventud C., a mellor equipo; Cambados T.M., Atletismo C. e Juventud C., a mellor club; e Xuven, Tenis C. e Juventud C., a escola deportiva. Tamén haberá mencións especiais e recoñeceránse o mellor patrocinio, evento, árbitro, traxectoria deportiva e labor informativo.