A Bandeira de Traiñeiras de Vilagarcía masculina e feminina reúne a 16 barcos

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Elena Fernández

A regata dispútase en augas de Vilaxoán esta tarde

21 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A praia do Preguntoiro de Vilaxoán servirá esta tarde de punto para poder seguir a evolución da trixésima edición da Bandeira de Traiñeiras Concello de Vilagarcía masculina e a quinta edición da feminina. Unha cita organizada polo club local, o C.R. Vilaxoán, xunto coa Fundación Deportiva Municipal, cuxo presidente, o concelleiro Carlos Coira, acompañou onte o seu homólogo do C.R. Vilaxoán, Gelo Tarrío, no acto de presentación do evento.

Nas augas da localidade vilagarciá serán oito embarcacións de cada categoría as que pelexen polo reparto dos 10.000 euros en premios. Desde as 17 horas, en dúas quendas, as traiñeiras masculinas do C.R. Mecos, do C.R. Urme (Esteiro-Muros), da S.D. Samertolameu, do C.M. Bueu, do C.R. Chapela, do C.R. Ares, de Cabo de Cruz e da S.D. Tirán. E a partir das 17.40 horas, as tripulacións femininas do C.R. Mecos, do Amegrove C.R., de Rianxo, de Cesantes-Bueu, de Cabo de Cruz, da S.D. Tirán, do C.R. Chapela e, coma convidada de honra, a embarcación feminina da S.D.R. Astillero de Cantabria.