Ravella propón que a nave de deportes náuticos de Vilagarcía leve o nome de Antón Paz
AROUSA

O regatista acadou a medalla de ouro na categoría Tornado nos xogos olímpicos de Pequín 2008
24 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O campión olímpico Antón Paz dará nome á nave de deportes náuticos de Vilagarcía. Esta é, cando menos, a intención do goberno local da cidade, que elevará esta medida ao vindeiro pleno municipal. «Con esta distinción búscase render homenaxe a un dos deportistas máis laureados da localidade», subliña Ravella, lembrando que Paz gañou a medalla de ouro en Pequín 2008 na categoría Tornado e que en abril xa foi recibido polo alcalde, Alberto Varela, coma mostra de respecto institucional.
Aínda que xa retirado coma deportista, o navegante e regatista continúa en activo coma adestrador, conseguindo que o equipo de Nova Zelandia se alzase coa medalla de bronce Nacra 17 en París 2017. A nave de deportes foi cedida ao Concello pola Autoridade Portuaria e alberga os deportistas de vela, piragüismo e actividades subacuáticas.