O Concello de Vilagarcía reafirma o seu compromiso coa cultura galega no Día Internacional do Folclore
AROUSA

A música tradicional di presente nas Festas de San Roque e na próxima edición do Folk no Alobre
23 ago 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Non fai falta un Día Internacional do Folclore para pronunciarse a favor do apoio á cultura popular. O acervo galego ten que defenderse os 365 días do ano porque é imprescindible para a construción e preservación da identidade. A riqueza é innegable: entre pandeiretas e gaitas, muiñeiras seráns e máis tradicións, a comunidade reflexa un patrimonio incalculable. Todas as expresións artísticas son unha resposta á creatividade e innovación que xurde dende as raíces ancestrais. Folclore é entón unha parte inherente as persoas dun pobo. A herdanza cultural é un tesouro que ten que transmitirse continuamente, non hai outra maneira. O obxectivo é salvagardar a diversidade, o sentido de pertenza e que as novas xeracións podan recoller o relevo, para promovelo, fomentalo e impulsar novas contribucións.
Co a data sinalada, onte o Concello de Vilagarcía de Arousa expresa que desexa «reafirmar o seu firme compromiso coa defensa e o apoio á cultura tradicional e especificamente á música». Parte de esa postura demóstrase coa programación das festas de San Roque. que este ano contaron coa presenza de doce grupos diferentes representando ás distintas parroquias de Vilagarcía. Na festa patronal foron un total de quince pasarrúas de grupos de música tradicional, e tres os que participaron da Festa da Ameixa do Carril. Expoñentes que reinterpretan tradicións tamén tiveron un lugar privilexiado nas celebracións, Cristian Silva actuou no auditorio mentres que Mondra o fixo no escenario da Xunqueira. O domingo, ás 12.30 horas, a cultura popular volverá dicir presente coas Cantareiras Bulideiras de Fontecarmoa —na Alameda— e o veterano grupo Nós de Sobradelo, que percorrerá as rúas da cidade. Una semana despois desenvolverase unha xornada que aposta ao tradicional. A romaxe urbana Folk no Alobre contará coa participación das pandereteiras Pésdebarro, Os Demos da Petaca, Abril, Malvela, e Davide Salvado ou Fransy González.