A nova coordinadora xa viña desempeñando o cargo de secretaria da organización
13 sep 2025 . Actualizado a las 05:00 h.A asociación Mulleres Salgadas, un referente na defensa e visibilización do papel das mulleres vinculadas ao mar, vén de nomear a Sandra Amézaga Méndez coma a súa nova coordinadora xeral.
Cunha carreira vinculada ao mar, licenciada en Ciencias Políticas e Socioloxía, Amézaga conta con formación especializada en igualdade de xénero e achega unha visión crítica e transformadora a un colectivo no que viña desempeñando o cargo de secretaria.
Dende o seu novo cargo de responsabilidade tratará de reforzar e consolidar o crecemento da rede de mulleres do mar en Galicia e máis aló.