Un milleiro de manifestantes a prol de Palestina no Foro da Toxa

L.C. O GROVE / LA VOZ

AROUSA

LETICIA CASTRO

Convocada pola Plataforma Galiza por Palestina, a mobilización chegou ás portas do Gran Hotel. A Mesa pola Normalización Lingüística exiu tamén onte o uso oficial do topónimo da illa do Grove

05 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Arredor dun milleiro de persoas se sumaron onte á manifestación convocada pola Plataforma Galiza por Palestina para protestar contra a presenza do exprimeiro ministro de Israel Ehud Ólmert no Foro La Toja.

Con partida na céntrica rúa Castelao, a manifestación, que contou co apoio do BNG e mais do sindicato CIG, foi engordando no seu camiñar ata as inmediacións do Gran Hotel da illa meca entre verros de «Palestina vencerá» e «Ehud Ólmert fóra», atopándose no seu punto final cun gran dispositivo policial. Alí, membros da plataforma convocante leron un manifesto.

En paralelo, a Mesa pola Normalización Lingüística celebrou a súa xa tradicional mobilización para esixir que a organización do Foro La Toja deixe de atentar contra o topónimo oficial da illa.