150 regatistas competirán dende o venres ata o domingo
08 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O Centro Galego de Vela será esta semana o epicentro da Copa de España da clase ILCA 6. Será esta unha das principais citas do calendario 2025 en augas de Vilagarcía de Arousa, que desde mañá xoves verán desfilar os 150 regatistas inscritos na cita.
Pese o España do seu nome, o evento congregará non só a deportistas nacionais. Portugal, Suíza Estonia, Panamá e Guatemala contarán tamén con representación, aproveitando o formato open, que permite abrir a concorrencia sen ter en conta o pasaporte.
Mañá será a xornada dedicada ao rexistro de participantes e as medicións do seu material. O venres desputaráse a primeira das tres xornadas de competición, coa primeira saída prevista para as 12.00 horas. Se todo vai ben, a frota chegará á primeira hora do domingo con nove mangas completadas para definir os ocupantes do podio na cerimonia de entrega de trofeos, fixada para o último día da semana ás 17.30 horas.
A Copa de España da clase ILCA 6 foi presentada onte nas instalacións do Centro Galego de Vela. Un acto encabezado polo vicepresidente da Real Federación Galega de Vela, o vilagarcián Pedro Piñeiro, e que contou tamén con Blanca García-Señoráns, directora territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes en Pontevedra, con Marcos Guisasola, deputado de Medio Ambiente e Mar da Deputación, con Carlos Coira, concelleiro de Deportes de Vilagarcía de Arousa, con Alfonso González Gallego, xefe do departamento comercial e de márketing da Autoridad Portuaria, e con Juan Andrés Pérez, capitán marítimo.
«Estamos ante una de las grandes citas anuales de esta Real Federación Gallega de Vela, debido al volumen de participación, y de su nivel», declarou Pedro Piñeiro antes de agradecer o respaldo das Administracións: «Todo esto no sería posible sin el apoyo de las instituciones aquí representados, la Xunta de Galicia, la Deputación de Pontevedra, el Concello de Vilagarcía, la Autoridad Portuaria y la Capitanía Marítima».