Valga convoca un concurso de contos de medo para celebrar o Samaín

La Voz VALGA / LA VOZ

AROUSA

HALLOWEEN SAMAIN EN BARBANZA 2024
CARMELA QUEIJEIRO

Está aberto á rapazada do alumnado dos colexios da vila

14 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

As bibliotecas municipais de Valga organizan, con motivo do Samaín, o certame «Escríbeme un conto de medo», aberto á participación de alumnado de Educación Primaria matriculado no colexio de Baño-Xanza ou no Xesús Ferro Couselo.

Cada estudante só pode presentar unha obra, que debe ser un conto de medo escrito en galego, orixinal e inédito. As bases establecen que a extensión máxima do relato será de tres folios —obrigatoriamente de tamaño A-4— escritos por unha soa cara e debe asinarse con pseudónimo, indicando tamén o curso.

As obras presentaranse nun sobre pechado e, noutro sobre grampado ao traballo, figurarán o nome e apelidos, curso e grupo do autor, así coma un número de teléfono de contacto. Os contos entregaranse na Biblioteca de Cordeiro, situada na planta baixa do auditorio, antes do 20 de outubro.

Establécense dúas categorías, unha para primeiro, segundo e terceiro cursos de Primaria e outra para cuarto, quinto e sexto, e haberá un premio en cada unha.