Amigos de Galicia xestiona microcréditos para emprendedores

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

A fundación servirá de mediador con MicroBank, o banco social de CaixaBank

29 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A Fundación Amigos de Galicia vén de asinar un convenio de colaboración con MicroBank, o banco social de CaixaBank, que lle permitirá ofrecer unha liña de financiamento para persoas con ideas de negocio que busquen facer realidade os seus proxectos ou consolidar ou mellorar os que xa teñen en marcha.

Coa axuda do servizo de orientación laboral de Amigos de Galicia, a persoa interesada poderá elaborar un plan de empresa. A fundación emitirá un informe de viabilidade da iniciativa e presentará toda a documentación do proxecto a CaixaBank, onde se analizará a proposta e se notificará a resolución correspondente.

Desde Amigos de Galicia recórdase que a entidade dispón dunha oficina en Vilagarcía destinada á orientación laboral, a inserción sociolaboral e o apoio ao emprendemento.