Padexando nun barco dragón para visibilizar o cancro de mama

La Voz PONTECESURES / LA VOZ

AROUSA

Cedida

A asociación AGL e o Náutico Pontecesures reuniron a varias decenas de mulleres na primeira edición da Ruta Fluvial Dragon Boat

02 dic 2025 . Actualizado a las 09:26 h.

Varias decenas de padexeiras do club Náutico Pontecesures e mulleres afectadas por cancro de mama participaron o domingo na primeira edición da Ruta Fluvial Dragon Boat. Unha iniciativa da Asociación Galega de Linfedema, Lipedema, Insuficiencia Venosa Crónica e outras Patoloxías Vasculares Periféricas (AGL) en colaboración co club do Baixo Ulla a bordo dun barco dragón polo río Ulla, deporte recomendado na recuperación física do cancro de mama.